reflexivo -va
reflexivo -va
(< reflexión)
-
adx
Relativo ou pertencente á reflexión.
-
adx
Que obra ou actúa con reflexión.
-
adx
[LING]
-
Aplícase á construción verbal que expresa unha acción cuxo obxecto fai referencia á mesma persoa ou cousa representada no suxeito.
-
Aplícase ao pronome persoal átono que, en función de complemento de obxecto directo ou indirecto, fai referencia á mesma persoa ou cousa que designa o suxeito.
-
-
relación reflexiva
[MAT]
Relación binaria R que cumpre que, para todo elemento a do conxunto A en que está definida, a R a. Un exemplo de relación reflexiva é o constituído polo paralelismo de rectas; en cambio, non o é a perpendicularidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].