refrixeración

refrixeración

(

  1. s f

    Acción e efecto de refrixerar.

  2. s f [TECNOL]

    Produción ou utilización de temperaturas inferiores ás atmosféricas normais, que se obteñen mediante diversos efectos físicos, como a radiación, as variacións de calor latente ou sensible; efectos químicos, efectos termoeléctricos e mesmo efectos magnéticos.

  3. s f [ALIM]

    Procedemento para a conservación de alimentos que provoca a inhibición do crecemento microbiano e das reaccións enzimáticas, efectuado a temperatura inferior á de conxelación do produto alimentario, empregado cando se quere conseguir a conservación deses produtos durante períodos de tempo relativamente curtos. A refrixeración emprégase tamén como tecnoloxía auxiliar na preparación de diversas bebidas fermentadas, como a cervexa, o viño e a sidra.

Palabras veciñas

refrinxente | refritir | refrito -ta | refrixeración | refrixerador -ra | refrixerante | refrixerar