refrixerante

refrixerante

(< refrixerar)

  1. adx

    Que refrixera.

    1. s m [FÍS]

      Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente. Son refrixerantes primarios aqueles que forman parte dun ciclo de refrixeración e que transportan a enerxía calorífica desde un nivel de baixa temperatura a un de máis alta. Os refrixerantes secundarios transportan a enerxía calorífica desde un nivel de alta temperatura a un de máis baixa.

    2. axente refrixerante [QUÍM]

      Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

  2. s m
    1. [TECNOL]

      Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío. Este arrefriamento pode producirse pola circulación das substancias que cómpre arrefriar ou do vapor que cómpre condensar polo interior dun tubo rodeado de auga fría ou dun refrixerante, ou ben ao ser mergullado un tubo polo que circula a mestura refrixerante no seo da materia que se quere arrefriar ou do vapor que se quere condensar.

    2. [QUÍM]

      Aparato que serve para arrefriar o condensado que se obtén nunha destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

    3. [QUÍM]

      Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, no interior da que se condensa o vapor, e despois se arrefría o líquido condensado, mediante intercambio de calor con outro fluído que circula polo exterior dentro doutro tubo ou camisa.

Palabras veciñas

refrito -ta | refrixeración | refrixerador -ra | refrixerante | refrixerar | refrixerio | refucir