regalía
regalía
(< lat regāle ‘rexio’)
-
s
f
[HIST]
-
Prerrogativa que corresponde ao soberano nos seus dominios. Segundo a doutrina medieval, eran de dúas clases: unhas moi altas, indisolublemente unidas á coroa, e outras que podían ser cedidas por privilexio ou prescrición.
-
Cada un dos dereitos que os soberanos europeos dos ss XVII e XVIII adquiriron en asuntos eclesiásticos grazas á política do regalismo.
-
-
s
f
Privilexio eclesiástico outorgado pola Santa Sé a un soberano.
-
s
f
Privilexio ou excepción que ten alguén nalgunha cousa.
-
s
f
Cantidade de cartos que cobra o propietario dun dereito polo permiso de usalo.