Reggio nell’Emilia

Reggio nell’Emilia

Capital da provincia homónima, situada na rexión de Emilia-Romaña, Italia (141.383 h [2001]). Situada na alta chaira emiliana, á dereita do Crostolo (afluente do Po), na zona de contacto entre os Apeninos e a chaira, ocupa unha posición moi favorable porque representa o centro económico da rexión subapenina nunha zona de rica agricultura. Fundada no s II a C, foi capital dun ducado lombardo (584) e no s XII converteuse en cidade libre. A comezos do s XV pasou aos Este, aos que permaneceu unida ata a época napoleónica. Formou parte do Reino de Italia (1805) e en 1809 pasou como ducado a Oudinot. Devolta ao duque de Modena en 1815, en 1860 integrouse no Piemonte e con este incorporouse ao Reino de Italia (1861).