Rego, Paula
Rego, Paula
Pintora. Instalada en Londres, a súa produción caracterizouse polo figurativismo cun achegamento á abstracción na décadas de 1950 e 1960. Realizou colaxes e debuxos, ademais de pinturas, onde manifestou unha tensión entre o figurativo e o non figurativo. Reflectiu escenas cotiás, inspiradas no literario, o feminino e o infantil, de difícil lectura iconográfica e onde amosou certa crueldade. Destacan Salazar a vomitar a Pátria (1960), O tempo-passado e presente (1990) e as series de Jane Eyre, Dog Woman e The Ostriches.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa