Regueira Varela, Ramón

Regueira Varela, Ramón

(Rodeiro 10. 3.1943) Filósofo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca (1967), foi presidente do Ateneo de Pontevedra e fundador e presidente de Honra da Aula Castelao de Filosofía de Pontevedra. Alentou e dirixiu un grupo de filósofos en Lugo para realizar unha filosofía en galego e para Galicia, que reflectiu en Introdución á Filosofía (1979) e Historia da Filosofía (1980). Tamén escribiu X.V. Viqueira: teoría e praxe (1992) e Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración (2002).

Palabras veciñas

regueifeiro -ra | regueira | Regueira Fernández, Xosé Luís | Regueira Varela, Ramón | Regueira, A | Regueira, A | Regueira, A