regulación

regulación

(< regular)

  1. s f

    Acción e efecto de regular ou regularse.

  2. s f [TECNOL]

    Modo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor. A regulación pode ser manual ou automática; esta última lévase a cabo mediante un regulador.

  3. s f [BIOL]

    Propiedade xeral dos óvulos animais e dos embrións novos para resolver deficiencias ou integrar células excedentes.

    1. s f [FISIOL]

      Capacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións que se puidesen derivar e en manter o equilibrio fisiolóxico dentro duns límites de tolerancia.

    2. regulación celular [BIOL]

      Mecanismo de control do metabolismo da célula que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, enzimas e produtos de secreción para que non se desprenda enerxía na síntese de moléculas mentres non sexa necesario facelo.

  4. s f [CONSTR]

    Conxunto de obras fluviais, como por exemplo espigóns, diques, canalizacións ou pequenas presas, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.

  5. s f [IND]

    Operación encamiñada a deixar no estado e na posición orixinal ou normal todas as pezas dunha máquina ou dun mecanismo que tenden a variar as súas posicións relativas co funcionamento prolongado.

  6. [TECNOL]
    1. s f

      Corrección ou axuste do funcionamento dun aparato, dunha máquina, dun mecanismo ou da marcha dun proceso para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.

    2. s f

      Nunha máquina ou conxunto de máquinas, adaptación permanente ás súas necesidades de utilización da potencia subministrada polo motor ou por unha máquina.

    3. s f

      Dispositivo que garante o funcionamento correcto e o axuste perfecto dun mecanismo ou dun aparato, como é o caso dos que regulan o tiro dun fogón ou dun forno, entre outros.

    4. regulación automática

      Corrección ou axuste automático das temperaturas, presións, intensidade e tensión de correntes eléctricas, velocidades de órganos mecánicos ou caudais de fluídos, entre outros.

  7. expediente de regulación de emprego [DER/ECON]

    Procedemento polo que a autoridade competente autoriza ou denega a un empresario o despedimento de certo número de traballadores por causas establecidas por lei.

  8. regulación do mercado [ECON]

    Conxunto de medidas que as autoridades económicas establecen nos sistemas de economía de mercado para asegurar o funcionamento dos seus mecanismos esenciais.