regulador -ra
(< regular)
-
adx
Que regula ou serve para regular.
-
-
s
m
Dispositivo, aparato ou mecanismo que efectúa ou permite efectuar unha regulación.
-
s
m
[IND]
Dispositivo que está montado entre a dínamo e a batería dun automóbil para regular a intensidade e a tensión da corrente eléctrica continua xerada pola dínamo en función da carga da batería.
-
s
m
[TECNOL]
Aparato de control capaz de manter practicamente constante, ou de facer variar de acordo cunha lei determinada, o valor dalgunha magnitude dos elementos que rexen o funcionamento dunha máquina, dunha instalación industrial ou dunha calefacción doméstica.
-
regulador automático
[TECNOL]
Regulador que funciona automaticamente, mediante a acción dun elemento detector, que mide a variación da magnitude regulada e que aplica a potencia necesaria para volver cambiar os valores da magnitude. Existen os reguladores de acción indirecta ou reguladores indirectos e os reguladores de acción directa ou reguladores directos.
-
regulador de indución
[ENX]
Regulador que está constituído por un transformador en que os circuítos poden ser desprazados no espazo, os uns respecto aos outros, coa fin de poder variar a tensión.
-
regulador de límites
[TECNOL]
Regulador que serve para manter unha magnitude entre uns límites determinados.
-
regulador de tensión
[FÍS]
Dispositivo ou circuíto que permite regular e fixar a tensión aplicada a unha carga, un motor ou un aparato, con independencia das flutuacións da tensión de alimentación e das variacións na carga.
-
s
m
-
xene regulador
[XEN]
Xene dun cromosoma que ten a función de bloquear o xene operador, que é o responsable de dar a orde de elaboración dunha proteína.