Rei Núñez, Luís
Xornalista e escritor. Realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e traballou en diversos medios de comunicación, especialmente na Televisión de Galicia, como redactor e guionista. Ensaísta, poeta e narrador, colaborou en diversas revistas poéticas, como Dorna, Grial e Nordés. Na súa obra poética hai unha alusión constante á paisaxe galega e unha reflexión sobre o tempo, que plasmou en Trobas donceis (1980), Para matar o tempo (1982), A rolda invisible (2000), en que se recollen algúns traballos anteriores como Arca dos faiados (1982-1985) (1985), A ronda invisible (1988) e A casa na brétema (1994); e Alma mareira (2003). No eido do ensaio, Oficio de escribir (1990) e Poetas andantes navegantes (1995), ademais das biografías sobre Rafael Dieste, como A travesía dun século (1987) ou Rafael Dieste (1995). No terreo dos libros de viaxes publicou Imán Fisterra (1995) e Muros, alma mareira (2002), e no apartado narrativo destacou por A rota dos adeuses (1989), Expediente Artieda (2000, Premio Xerais), A estrela dos polisóns (2003) e O corvo do chapapote (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña