Reichardia
Reichardia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que se caracterizan por ter follas enteiras e pinnatisectas. Son herbas anuais ou perennes, teñen o capítulo con lígulas amarelas e o froito en aquenio. En Galicia localízase a especie R. gaditana, que florece entre abril e agosto en areais que non estean moi alterados.