Reichenbach, Hans

Reichenbach, Hans

Filósofo e matemático alemán. Foi un destacado representante do Grupo de Berlín, neopositivista e vinculado ao Círculo de Viena. Desde 1930 dirixiu, con R. Carnap, a revista Erkenntnis. Foi autor de Relativitätstheorie und Erkenntnis a priori (Teoría da relatividade e coñecemento a priori, 1920), Atom und Kosmos (Átomo e cosmos, 1930), Wahrscheinlichkeitslehre (Teoría da probabilidade, 1935), Experience and Predition (1938), Elements of Symbolic Logic (1947) e The Rise of Scientific Philosophy (1951).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles, California