reificación

reificación

(< reificar)

  1. s f [FILOS]

    Acción e efecto de converter algo en cousa ou de concibilo en analoxía coa natureza e a estrutura das cousas. Tradución do alemán Verdinglichung, o termo referiuse en filosofía á tendencia propia do fisicalismo, en oposición ao fenomenalismo.

  2. s f [LIT]

    Termo que consiste nunha presentación do individuo limitada á súa exterioridade, aos xestos e comportamentos, e que relega a un segundo plano toda referencia á súa interioridade psíquica. Alude a un procedemento vinculado á corrente obxectalista iniciada polo nouveau roman francés, na década de 1970, que influíu notablemente no movemento da Nova Narrativa galega. Pola outra, remite a unha técnica que reduce o home á categoría de cousa mediante a privación das súas características máis especificamente humanas e á atribución de trazos correspondentes a obxectos, con intención degradante. Esta técnica foi empregada, entre outros, por Francisco de Quevedo na súa obra satírica e burlesca, e por Ramón del Valle-Inclán, que someteu os seus personaxes a un proceso de cousificación que o autor, transformado en demiúrgo, move e dirixe ao seu antollo.

    Sinónimos: cousificación.
  3. s f [ECON]

    Nome dado por György Lukács ao fetichismo das mercadorías, inspirándose en Marx.

Palabras veciñas

Reid, Thomas | reido -da | Reidy, Alfonso Eduardo | reificación | reificar | reiforme | Reigada