Reimer, Alva

Reimer, Alva

Socióloga e diplomática sueca. Coñecida tamén como Alva Myrdal, foi directora (1951-1956) do departamento de ciencias sociais da UNESCO e embaixadora do seu país en India (1956-1961). Elixida senadora en 1962, foi ministra do goberno sueco en cuestións de desarme (1966-1973). Durante a década de 1960 formou parte de diferentes comités internacionais da ONU. Escribiu War, Weapons and Everyday Violence (1977). Compartiu o Premio Nobel da Paz con Alfonso García Robles (1982).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Uppsala

  • Deceso

    Lugar : Ersta