Reimon Gonçalvez

Reimon Gonçalvez

Trobador. De probable orixe portuguesa, segundo a súa colocación nos cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Vaticana a carón doutros autores lusos, e nomeado nun documento de 1288, de Porto, en que aparece nunha repartición de bens. Activo no derradeiro cuarto do s XIII, só se conserva a súa cantiga de amigo “Foste’-vos vós, meu amigo d’aqui”, que destaca pola súa estrutura métrica e o tema desenvolvido -a infracción do amante ás regras do servizo de amor-, e sobre todo polo aspecto léxico, tal e como testemuñan algúns termos provenzais.