Reinoso Reino, Vitoriano

Reinoso Reino, Vitoriano

Empresario e enxeñeiro. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi director do área de estudos, traballos e recursos de Fenosa (1981), director xeral de Unión Eléctrica Fenosa (1983-1989), conselleiro delegado de Unión Eléctrica Española (1989-2002) e presidente do consello de administración de Unión Fenosa (2002). Tamén foi conselleiro de Gibbs and Hill Española, Compañía Española de Industrias Electroquímicas, Electra Conquense, Norcontrol e vicepresidente de Begasa. Escribiu, en colaboración co fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal, O Viño (1993). Recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (1997) e o de comendador da Real Orde do Mérito Civil de Noruega.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Negreira

  • Deceso

    Lugar : A Coruña