Reiro, O

Reiro, O

Xacemento arqueolóxico situado en Barrañán (Arteixo). Nel atopáronse restos de grans de cereais cuxa datación se situou no V milenio a C (Mesolítico) así como restos de cerámica lisa, que delataron unha elaboración tosca, posiblemente debida ao emprego dunha técnica deficiente.