reiseñor

reiseñor

(< occit antigo rossinhol)

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, sen diferenciación morfolóxica externa entre machos e femias, e de cores pardas e arrubiadas. En Galicia están presentes o reiseñor común e o de auga.

    Sinónimos: rousinol.
  2. reiseñor común [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 16 cm de lonxitude coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara, o rabo arrubiado, as patas de cor carne e un anel ocular branco. Coñécese principalmente polo seu canto rechamante. Viven en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos. É invernante en África, polo que a súa presenza en Europa é estival; en Galicia, como estival, pode verse entre abril e setembro principalmente no SL da rexión.

  3. reiseñor de auga [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 14 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral esbrancuxada, peteiro fino, patas rosadas e unha mancha linear máis clara enriba do ollo. Vive en zonas de espesura arbustiva ligadas a zonas acuosas como marismas, ríos ou encoros, alimentándose de insectos e sementes. É sedentario en Europa, e tamén en Galicia, onde está espallado por toda a rexión.