relé

relé

(< fr relais)

  1. s m [ENX]

    Aparato ou dispositivo destinado a controlar un circuíto determinado dunha certa potencia mediante un circuíto auxiliar de pequena potencia e, polo tanto, cunha corrente moi feble. Poden ser electromagnéticos, térmicos ou electrónicos. Os electromagnéticos constan dun electroimán que ao ser accionado atrae unha armadura móbil, que co seu movemento provoca o peche ou abertura dun circuíto ou máis. Os térmicos constan dunha lámina bimetálica que, ao ser quentada por unha resistencia eléctrica, se deforma e pecha o circuíto ou o abre, mediante un contacto. Os magnetotérmicos actúan por asociación dun efecto térmico e dun efecto electromagnético, e os electrónicos non teñen contactos móbiles, baseándose na conmutación estática efectuada con dispositivos semicondutores.

  2. s m [COMUN]

    repetidor.

Palabras veciñas

relaxar | relaxina | relaxo | relé | relear | relegábel | relegable