relaxar
relaxar
(< lat relaxāre)
-
v t
Facer diminuír a tensión física ou psíquica de algo ou alguén.
Ex: Relaxa os músculos e verás que non che doe.
-
v t
Facer algo menos severo ou rigoroso.
Ex: Cómpre relaxar certos costumes da vida diaria.
-
v t
[HIST/RELIX]
Entregar o inquisidor eclesiástico ás autoridades civís un reo para a execución dunha pena.
-
v t
Escordar o pulso.
Ex: Relaxou o pulso xogando á pelota.
-
v pron
Diminuír a tensión física ou psíquica de algo ou alguén.
Ex: Non foi capaz de relaxarse ata que quedou só.
-
v pron
Tornarse menos estrita e rigorosa algunha cousa.
Ex: O ambiente relaxouse en canto marcharon.