relaxar

relaxar

(< lat relaxāre)

  1. v t

    Facer diminuír a tensión física ou psíquica de algo ou alguén.

    Ex: Relaxa os músculos e verás que non che doe.

  2. v t

    Facer algo menos severo ou rigoroso.

    Ex: Cómpre relaxar certos costumes da vida diaria.

  3. v t [HIST/RELIX]

    Entregar o inquisidor eclesiástico ás autoridades civís un reo para a execución dunha pena.

  4. v t

    Escordar o pulso.

    Ex: Relaxou o pulso xogando á pelota.

  5. v pron

    Diminuír a tensión física ou psíquica de algo ou alguén.

    Ex: Non foi capaz de relaxarse ata que quedou só.

  6. v pron

    Tornarse menos estrita e rigorosa algunha cousa.

    Ex: O ambiente relaxouse en canto marcharon.

Palabras veciñas

relaxadura | relaxamento | relaxante | relaxar | relaxina | relaxo | relé