Reloxio da Torre, O
Reloxio da Torre, O
[LIT]
Novela escrita por Marina Mayoral e publicada en 1988 en que se narra a historia de amor da protagonista, Amelia, cun refuxiado político chileno nos últimos tempos do franquismo. Paralelamente a esta historia aparece a conarración do seu irmán, Leo, quen amosa a súa forma de ver os mesmos feitos, en particular a oposición á relación da súa irmá. Con este xogo narrativo xérase un multiperspectivismo que frea o tempo, contextualizado nun discurso que non é lineal, pois nel empréganse numerosas analepses para introducir o pasado.