remediar
remediar
(< lat remediāre‘curar’)
-
v t
Facer que algo daniño ou prexudicial deixe de existir ou perda intensidade.
Ex: Remediou o anoxo cun regalo.
-
v t
Impedir que se produza un dano ou prexuízo.
Ex: A única maneira de remedialo é dispoñer dos medios necesarios.
-
v t
[MED]
Aplicar un remedio para sandar un mal ou unha enfermidade.
Ex: O médico remediou a dor cunhas pastillas.
-
v pron
Chegar algo a solucionarse.
Ex: A situación remediouse por si mesma.