remediar

remediar

(< lat remediāre‘curar’)

  1. v t

    Facer que algo daniño ou prexudicial deixe de existir ou perda intensidade.

    Ex: Remediou o anoxo cun regalo.

  2. v t

    Impedir que se produza un dano ou prexuízo.

    Ex: A única maneira de remedialo é dispoñer dos medios necesarios.

  3. v t [MED]

    Aplicar un remedio para sandar un mal ou unha enfermidade.

    Ex: O médico remediou a dor cunhas pastillas.

  4. v pron

    Chegar algo a solucionarse.

    Ex: A situación remediouse por si mesma.

Palabras veciñas

remedar | remediábel | remediable | remediar | remedio | Remedios | Remedios