remença*

remença*
  1. s f [HIST/DER]

    Pagamento dunha redención persoal que o señor territorial podía esixir do vasalo suxeito á adscrición da terra cando este quería abandonala. Desenvolveuse en Catalunya a partir do s XI e foi un dos malos usos suprimidos pola setenza arbitral de Guadalupe de 1486.

  2. s m [HIST]

    Campesiño que na Idade Media estaba adscrito a un dominio señorial que só podía abandonar mediante o pagamento da remença. Os remenças ou pagesos de remença protagonizaron os conflitos sociais de 1462 e 1483, que buscaban abolición deste dereito señorial.

Palabras veciñas

remelón -na | rememorar | rememorativo -va | remença* | remendafoles | remendar | remendo