remença*
remença*
-
s
f
[HIST/DER]
Pagamento dunha redención persoal que o señor territorial podía esixir do vasalo suxeito á adscrición da terra cando este quería abandonala. Desenvolveuse en Catalunya a partir do s XI e foi un dos malos usos suprimidos pola setenza arbitral de Guadalupe de 1486.
-
s
m
[HIST]
Campesiño que na Idade Media estaba adscrito a un dominio señorial que só podía abandonar mediante o pagamento da remença. Os remenças ou pagesos de remença protagonizaron os conflitos sociais de 1462 e 1483, que buscaban abolición deste dereito señorial.