remendo

remendo

(< remendar)

  1. s m

    Anaco de tea, coiro ou outro material que se usa para tapar un furado ou reforzar algo.

  2. s m

    Reparación provisional ou imperfecta.

    Sinónimos: parche.

Refráns

  • Non hai mellor remendo có do pano mesmo.
  • O remendo, bo ou malo, ten que ser do mesmo pano.
  • Remenda o teu pano e durarache máis un ano; vólveo a remendar e outro ano che volverá durar.
  • Remenda o teu pano e durarache todo o ano. .
  • Remenda o teu pano e pasarás o teu ano.
  • Remenda o teu saio e pasarás o teu ano.
  • Remenda o teu saio e servirache outro ano.

Palabras veciñas

remença* | remendafoles | remendar | remendo | remesa | Remesar | Remesar