remisión

remisión

(< lat remissiōne)

  1. s f
    1. Acción e efecto de remitir ou remitirse.

    2. [DER]

      Perdón ou condonación total ou parcial dunha débeda, culpa ou obriga renunciando aos propios dereitos de compensación, satisfacción e querela.

    3. [RELIX]

      Perdón dos pecados, primeiro efecto do sacramento da penitencia mediante a efusión da graza.

    1. s f

      Acción de atrasar.

    2. s f [DER]

      Técnica lexislativa que consiste na referencia que un texto legal fai a outras disposicións de xeito que estes han de considerarse parte da normativa.

    3. s f [DER]

      Acción de adiar unha causa remitíndoa a outro tribunal ou colexio competente para un exame ou unha decisión. Aplícase por motivos de orde pública e é competencia do Tribunal Supremo.

    4. s f [DER]

      prórroga.

    5. remisión da causa/das partes en causa [DER]

      Momento en que o instrutor inviste o xuíz ou o colexio competente para decidir unha causa.

  2. s f [LING]

    Notación que se fai nun escrito mediante un signo especial para remitir o lector a un determinado lugar dese escrito ou doutro distinto, para comprobar ou confrontar algunha información. En xeral, vai indicada entre parénteses, onde se poñen consignas como véxase (v., véx. ou vid) ou confróntase (cfr. ou cf) e outras indicacións como capítulo ou páxina aos que se remite.

  3. s f [PAT]

    Diminución da intensidade dos síntomas dunha enfermidade.

    Sinónimos: remitencia.

Frases feitas

  • Sen remisión. Sen remedio.

Palabras veciñas

remirar | remisíbel | remisible | remisión | remisivo -va | Remismundo | remiso -sa