Remismundo

Remismundo

Rei suevo de Galicia (460-468), fillo de Maldras. Tras a morte do seu pai foi elixido rei por unha parte dos suevos pero tivo que enfrontarse ao seu curmán Frumario ata 464. Intentou imporse devastando Lugo e Ourense e despois aliouse cos visigodos ata 468, cando Eurico lle declarou a guerra e os seus dominios quedaron reducidos á actual Galicia. Casou coa filla de Teodorico II e converteuse ao arianismo, feito que simbolizou a submisión dos suevos aos visigodos.