remitir

remitir

(

  1. v t

    Enviar algo a alguén.

    Ex: Xa lle remitín os papeis para a xubilación.

  2. v t

    Deixar de facer unha cousa para facela noutro momento.

    Ex: Remitirei este asunto ata que teña máis datos.

  3. v t

    Perdoar unha falta, unha pena ou unha débeda.

    Ex: Foise confesar e o cura remitiulle os pecados.

  4. v t

    Facer unha remisión a outra parte dun escrito ou a outro escrito.

    Ex: O autor remítenos a outra das súas novelas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: As notas remiten á última páxina.

  5. v i

    Perder algo parte da súa intensidade.

    Ex: Xa lle remitiu a febre.

  6. v pron

    Facer alusión a algo dito ou publicado.

    Ex: Remítome aos acontecementos.

Palabras veciñas

remisorio -ria | remitencia | remitente | remitir | rémixe | Remixio | Remixio de Auxerre