remontar

remontar

(

  1. v t

    Subir por un lugar superando obstáculos.

    Ex: A embarcación remontou o río Lérez.

  2. v t

    Superar unha dificultade.

    Ex: Remontaron a súa crise matrimonial.

  3. v t

    Elevar polo aire a grande altura.

    Ex: O vento remontou o globo e perdeuse.

  4. v t

    Poñer novas solas ao calzado.

    Ex: Remontei as botas do inverno para gardalas.

  5. v t

    Superar un resultado adverso nunha competición deportiva ou avanzar na clasificación.

    Ex: O Celta remontou un tres a cero.

  6. v t

    Poñer remontas a unha chaqueta ou pantalón.

    Ex: Remontei a chaqueta de coiro nos cóbados.

  7. v t [BÉL]

    Prover de novos cabalos ou mulos a cabalaría do exército ou dun corpo montado.

  8. v pron

    Elevarse a unha altura superior unha ave ou un avión.

    Ex: Cando curei o paxaro remontouse e case non o vía.

  9. v pron

    Alcanzar retrospectivamente unha determinada época do pasado. OBS: Emprégase seguido da preposición a.

    Ex: Os feitos remóntanse ao século pasado.

  10. v pron

    Pertencer a unha época pasada.

    Ex: O manuscrito atopado remóntase ao século XV.

Frases feitas

  • Remontar o voo. Elevarse voando a unha grande altura.

Palabras veciñas

remolque | Remonde | remonta | remontar | remonte | remontoir* | rémora