rémora
rémora
(< lat remŏra)
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe das especies Echeneis naucrates e Remora brachyptera, da familia dos equeneidos, cunha ventosa na parte dorsal da cabeza, coa que se pode adherir ao ventre do tiburón, da tartaruga ou da raia e ao casco dos barcos co fin de se trasladar a grandes distancias.
-
s
f
Obstáculo que se opón ao avance dunha cousa.