rémora

rémora

(< lat remŏra)

  1. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe das especies Echeneis naucrates e Remora brachyptera, da familia dos equeneidos, cunha ventosa na parte dorsal da cabeza, coa que se pode adherir ao ventre do tiburón, da tartaruga ou da raia e ao casco dos barcos co fin de se trasladar a grandes distancias.

  2. s f

    Obstáculo que se opón ao avance dunha cousa.

Palabras veciñas

remontar | remonte | remontoir* | rémora | remordemento | remorder | remorso