remover

remover

(

  1. v t

    Dar voltas a algo de xeito continuado, xeralmente dentro dun recipiente.

    Ex: Removeu o leite para que se mesturase co café.

    Sinónimos: mexer, remexer, revolver.
  2. v t

    Mover algo dun lado a outro cambiando a súa orde.

    Ex: Antón removeu os papeis para atopar a factura. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non removas máis que non vas atopar nada.

    Sinónimos: mexer, remexer, revolver.
  3. v t

    Quitar ou apartar un obstáculo.

    Ex: Removeron os mobles para pintar as paredes.

  4. v t

    Apartar a unha persoa dun cargo ou dunha institución.

    Ex: A directiva removeuno da presidencia.

    Sinónimos: destituír.
  5. v t

    Investigar un asunto para conseguir información que estaba oculta.

    Ex: Removeron o caso ata que deron co asasino. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Removeu e removeu e non deu coa solución.

    Sinónimos: indagar.
  6. v pron

    Moverse ou dar voltas continuamente dun lado para outro.

    Ex: Nos días de calor removíase na cama.

Palabras veciñas

remoscar | remosque | remoto -ta | remover | removíbel | removible | Remscheid