remover
(
-
v t
Dar voltas a algo de xeito continuado, xeralmente dentro dun recipiente.
Ex: Removeu o leite para que se mesturase co café.
Sinónimos: mexer, remexer, revolver. -
v t
Mover algo dun lado a outro cambiando a súa orde.
Ex: Antón removeu os papeis para atopar a factura. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non removas máis que non vas atopar nada.
Sinónimos: mexer, remexer, revolver. -
v t
Quitar ou apartar un obstáculo.
Ex: Removeron os mobles para pintar as paredes.
-
v t
Apartar a unha persoa dun cargo ou dunha institución.
Ex: A directiva removeuno da presidencia.
Sinónimos: destituír. -
v t
Investigar un asunto para conseguir información que estaba oculta.
Ex: Removeron o caso ata que deron co asasino. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Removeu e removeu e non deu coa solución.
Sinónimos: indagar. -
v pron
Moverse ou dar voltas continuamente dun lado para outro.
Ex: Nos días de calor removíase na cama.