Renania-Palatinado

Renania-Palatinado

Land de Alemaña, delimitado polo land de Renania do Norte-Westfalia ao N, o de Hessen ao L, o de Baden-Württemberg ao SL, Alsacia e Saarland ao S e Luxemburgo ao O (19.847 km2; 4.059.000 h [2003]). A súa capital é Maguncia. É un dos länder máis rurais, aínda que tamén hai importantes zonas industrializadas. Entre os principais cultivos destaca o da vide, cunha produción que corresponde a máis das tres cuartas partes da produción alemá. As zonas vitícolas son o val do Rin e o do Mosela. Tamén son importantes os cultivos de patacas, remolacha e cereais. Dentro da actividade industrial, o sector máis importante é o químico.