Renard, serie de

Renard, serie de

Serie formada polos termos dunha progresión xeométrica comprendidos entre 1 e 10, cuxa razón é n √— 10, sendo n, xeralmente, 5, 10, 20 ou 40. A máis corrente é a obtida con n = 10, coa que a razón vale 10 √— 10 = 1,26. Os termos desta serie son 1; 1,25; 1,6; 2; 2,5; 3,15; 4,5; 6,3; 8; 10. Esta serie, ideada polo enxeñeiro Charles Renard, ten aplicación en diversos campos industriais.