Renato Goupil, san
Renato Goupil, san
(Anjou 1607 - Andagaron, Canadá 1642) Mártir francés. Foi cirurxián e estivo ao servizo dos xesuítas na evanxelización dos huróns en Canadá. Morreu torturado polos iroqueses e canonizárono xunto cos mártires canadenses. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.