Rendimiento
Rendimiento
Publicación editada en Vigo a partir de xullo de 1958. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Produtividad” e tiña unha periodicidade mensual nos seus comezos. Cesou probablemente a finais de 1960. Centrada no eido industrial, analiza a problemática da industria da época, a eficacia dos directores de empresa en relación coa produtividade, a aplicación de novas técnicas industriais e a organización de calquera empresa.