Renn, Ludwig
Renn, Ludwig
Escritor alemán. De nome Arnold Vieth von Golssenau, foi secretario da asociación de escritores proletario-revolucionarios (1928-1932). En 1928 publicou a novela antimilitarista Krieg (Guerra), coa que obtivo un enorme éxito e que continuou en Nachkrieg (Posguerra, 1930). Apresado polos nazis (1933-1936), emigrou a Suíza e participou na Guerra Civil Española, experiencia que plasmou en Der spanische Krieg (A guerra española, 1955). Tamén escribiu o libro de relatos Russlandfahrten (Viaxes a Rusia, 1932), obras para a mocidade e Camilo (1963).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dresden, Saxonia -
Deceso
Lugar : Berlín