Renoir, Jean
Realizador cinematográfico, fillo do pintor Pierre-Auguste Renoir. En 1924 dirixiu La fille de l’eau e en 1926 adaptou a novela de É. Zola Nana, onde reflectiu unha influencia naturalista que comparten outros filmes da primeira época. Posteriormente dirixiu La chienne (1931) e Madame Bovary (1934). En 1934 realizou Toni, considerada o precedente do neorrealismo italiano e que lle permitiu comezar a súa etapa máis brillante, que plasmou en La grande illusion (1937), La Marsellaise (1938), La bête humaine (1938) e La règle du jeu (1939). Exiliado en Hollywood, dirixiu The Southerner (1945, Premio do Festival de Venecia 1946). Da súa última etapa destacan Le carrose d’or (1952), French Can-Can (1954), Le Déjeuner sur le herbe (1959) e Le carporal épinglé (1962).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Los Angeles