Renoir, Pierre-Auguste
Pintor francés. Fixo amizade con C. Monet, A. Sisley e F. Bazille, dos que recibiu influencias, así como de G. Courbet (Ménage Sisley, 1868). As pinturas de La Grenouillère (1869) consideráronse como as primeiras manifestacións clásicas do impresionismo. A súa temática foi variada (La loge, 1874; Le déjeuner des Canotiers, 1881), pero case sempre coa figura humana como tema principal (La femme à la perruche, 1871; Madame Charpentier et ses enfants, 1878), tocando con frecuencia os nus femininos (Étude de buste, 1873-1875) e caracterizada polas escenas alegres (Le Bal du Moulin de la Galette, 1876). Desde 1879 expuxo no Salon e desde 1881 vendeu con regularidade a súa obra ao comerciante Paul Durand-Ruel. Tras unha viaxe a Italia (La place de San Marco, 1881) interesouse pola pintura de J. Ingres, e baixo a súa influencia iniciou un período (1883-1888) caracterizado pola pintural lineal e seca (Les Parapluies, 1881-1886; Les Grandes Baigneuses, 1887). Cara a 1890 traballou con cores suaves, iniciando o período anacarado (La dormeuse, 1897; Les baigneuses, 1910-1919), e a partir de 1903 empregou os vermellos (Gabrielle en blouse rouge, 1910), influencia de Fragonard e da escola francesa do s XVIII. Atacado por unha parálise reumática (1912), continuou pintando e deseñando esculturas, realizadas por Richard Guino.
Cronología
-
Deceso
Lugar : sur -
Deceso
Lugar : mosín -
Deceso
Lugar : Mer, Alpes Marítimos