Renovadores, os

Renovadores, os

Nome co que se coñece a xeración de artistas galegos integrantes da vangarda histórica entre a Ditadura de Primo de Rivera e a Guerra Civil Española: Carlos Maside (1897-1958), Manuel Torres Martínez (1901-1995), Manuel Colmeiro Guimarás (1901-1999), Cándido Fernández Mazas (1902-1942), Arturo Souto Feixóo (1902-1964) e Laxeiro (1908-1996).