renovar
(
-
v t
Cambiar o aspecto de algo ou alguén de xeito que resulte máis novo, agradable ou con máis forza.
Ex: Os veciños queremos renovar o edificio.
-
v t
Substituír unha cousa deteriorada ou vella por outra nova ou en mellor estado de características similares.
Ex: Hai que renovar os electrodomésticos da cociña.
-
v t
Substituír unha persoa que desempeña un determinado cargo ou función por outra.
Ex: Queren renovar o cadro de persoal.
-
v t
olver facer algunha cousa.
Ex: Renovou a súa actividade como voceiro da asociación.
-
v pron
Cobrar algo ou alguén un novo aspecto con máis forza, intensidade ou carácter.
Ex: Teño que renovarme porque parezo máis vella.
-
v pron
Pasar a ser substituído o membro dunha corporación por outro.
Ex: O mes que vén renovaranse os ordenadores máis vellos.
-
v pron
Reiniciarse unha actividade.
Ex: Renovouse a busca dos desaparecidos.