Reñones Crego, Pedro Tomás

Reñones Crego, Pedro Tomás

Futbolista. Xogador profesional do Club Atlético de Madrid, gañou catro Copas do Rei (1984-1985, 1990-1991, 1991-1992 e 1995-1996), unha Liga (1995-1996) e unha Supercopa (1985). Foi 22 veces internacional absoluto, participou no Mundial de México 1986 e na Eurocopa de Alemaña 1988. Retirado en 1996, foi concelleiro de deportes de Marbella (2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela