réplica

réplica

(< replicar)

  1. s f

    Acción e efecto de replicar.

  2. s f

    Argumentos, palabras ou feitos con que se replica.

    Sinónimos: retruque.
  3. s f [ARTE]

    Reprodución dunha obra de arte que realiza ou supervisa o propio autor, cuxo valor é o mesmo ca o do orixinal. A dimensión ou a materia poden ser diferentes das do orixinal.

  4. s f [DER]

    Segundo escrito que o actor presenta nos xuízos ordinarios de maior contía, impugnando as exencións e os medios de defensa alegados polo demandante na súa contestación á demanda. Como a dúplica, é un escrito potestativo, e só pode modificar as pretensións consignadas na demanda pero non as que constitúen o obxecto principal do preito.

  5. s f [XEOL]

    Terremoto de magnitude variable que se pode producir despois doutro máis importante. Orixínase preto do mesmo foco e repítese a miúdo durante algúns días.

Palabras veciñas

replantar | repleción | repleto -ta | réplica | replicábel | replicable | replicación