replicación
replicación
(< lat replicatiōne)
-
s
f
Acción de replicar.
-
replicación do ADN
[BIOQ]
Proceso de síntese do ADN que fai posible a transmisión da información xenética entre xeracións celulares. J. D. Watson e F. J. Crick propuxeron unha hipótese para explicala, denominada semiconservativa. Segundo eles, a dobre hélice do ADN proxenitor vaise desevolvendo en dúas cadeas sinxelas, cada unha das cales serve de resorte para o encaixe dunha nova cadea de ADN que se vai sintetizando. Ao final fórmanse dúas novas dobres hélices idénticas á do ADN orixinal, que conteñen exactamente a mesma información xenética. Esta hipótese foi comprobada experimentalmente por Meselson e Stalh.
-
replicación do ARN
[BIOQ]
Proceso de copia da información xenética contida no ARN dun xenoma vírico.