replicar
replicar
(< lat replicāre)
-
v i
Expresar mediante un argumento ou un feito a oposición a algo que alguén dixo ou ordenou con anterioridade.
Ex: Non repliques tanto e fai o que che mandan.
-
v i
[BIOQ]
Realizar unha replicación.
-
v t
Expresar unha opinión en relación con algo que se dixo con anterioridade.
Ex: Replicou o discurso cunha grande enteireza.
-
v t
Responder de maneira viva.
Ex: Meu pai é o máis listo do mundo!, replicou o neno.
-
v i
[DER]
Contestar nun xuízo ordinario presentando escrito de réplica.