representación
(< lat representatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de representar.
-
s
f
Conxunto de persoas que representan unha corporación.
-
s
f
Cousa que representa algo ou a alguén.
-
s
f
[DER]
Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a un procurador, avogado ou graduado social colexiado, para representar a alguén nunha causa procesual. Este poder remata coa morte da persoa que o dá, se o litigante transmite os seus dereitos sobre a cousa litixiosa a outra persoa ou á morte ou cese no oficio do procurador.
-
s
f
[FILOS]
Reprodución consciente dun obxecto efectivamente presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro. Segundo o sentido que predomina na percepción dos obxectos fálase de representacións ópticas ou acústicas, entre outras. Segundo a forma que a representación adopta fálase de representacións eidéticas e non eidéticas, conceptuais, efectivas ou volitivas.
-
s
f
[MAT]
Grupo de permutacións, matrices ou transformacións que é isomorfo respecto doutro grupo dado. Cando se trata con grupos abstractos é necesaria unha representación do grupo, para operar mellor con el.
-
s
f
[MAT]
Dado un grupo G, grupo H tal que existe un homomorfismo de G en H epixectivo (ou exhaustivo). Dise que H é a representación de G.
-
s
f
[ESPECT]
Obra de teatro presentada ante o público.
-
representación gráfica
[MAT]
Método gráfico mediante o que é posible debuxar unha figura (punto, curva ou superficie) nun espazo dado.
-
sistema de representación
[MAT]
Método que permite representar figuras ou elementos do espazo mediante debuxos planos. Dos sistemas de representación máis utilizados destacan os diferentes tipos de proxección (como o de planta e alzado) e de perspectiva. Constitúe a base da xeometría descritiva e ten unha aplicación importante no debuxo técnico.