representar
(< lat repraesentāre)
-
v t
Facer presente mediante palabras ou símbolos a imaxe que se retén na mente.
Ex: Ese mural representa unha escena primaveral.
-
v t
Reproducir nun debuxo ou pintura a imaxe de algo.
Ex: Ese cadro representa os costumes da época.
-
v t
Servir como símbolo de algo.
Ex: A cruz representa a Xesús Cristo.
-
v t
Ser o mellor exemplo de algo, debido ás súas calidades.
Ex: As novas vacinas representan o avance da medicina.
-
v t
Facer de representante dunha persoa física ou xurídica.
Ex: Ese afamado avogado representa moitos artistas.
-
v t
-
Executar en público unha obra dramática, unha comedia ou unha ópera.
Ex: Estes días representan unha obra de Otero Pedrayo.
-
Interpretar un papel na execución dunha obra.
Ex: Representou moi ben o seu papel de don Celidonio.
-
-
v t
Levar algunha cousa algo consigo de forma implícita.
Ex: Coller ese traballo representará conseguir unha mellora importante.
-
v t
Ser algo máis ou menos importante para alguén.
Ex: Vivir aquí represéntao todo para min.
-
v t
Aparentar unha determinada idade, debido ao físico.
Ex: Non representa ter trinta anos.